top of page
6.png
4.png
5.png
1.png
3.png
2.png
8.png
7.png
Verde Bendito (2).png

POEMAS Ó ESTILO MEDIEVAL

PRIMERIRO TRIMESTRE

3º ESO A/B

1º BAC

O obxectivo foi crear poemas ó estilo medieval, contos ilustrados e banda deseñada sobre catro mulleres medievais transgresoras cuxas vidas foron explicadas previamente na aula. Estas mulleres son: Exeria, Eloísa, María Balteira e María Solinha.

Coordinado por María Cando

"Nai, dama, prostituta e feiranta"

SEGUNDO TRIMESTRE

4° ESO A

Para comemorar o Día das Letras Galegas os e as discentes analizaron os prototipos de muller presentes en Merlín e familia de Cunqueiro, A lus do candil de Fole e Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño. Estes prototipos están baseados nun estudo de Carme Blanco, filóloga e escritora galega, que debullou estes perfín nas obras dos lugueses. Este traballo realizouse en todos os grupos de 4 de ESO na materia de Lingua Galega e Literatura coas profesoras Sara Canto González e María Cando Cruña. Colaboraron o departamento de Lingua Galega e Literatura e tamén o EDLG.

Coordinado por Sara Canto e María Cando

Se vivise no S.XXI... que levaría Rosalía de Castro no seu bolso e Curros Enríquez na súa faldriqueira?

TERCER TRIMESTRE

3º ESO A/B

O obxectivo era escolleren obxectos que dalgunha maneira se relacionaran coa vida, a obra, os temas ou as temáticas cultivadas por estes autores. Moitos discentes/as centráronse na perspectiva de xénero de Rosalía e na defensa do progreso e das inxustizas que tan ben reflectía Curros nos seus poemas. Primeiro, individualmente crearon unha ficha do obxecto para cada autor, en que incluíron o elemento co que se relacionaba e un breve texto xustificativo. Despois, expuxeron as súas fichas diante do grupo e, finalmente, crearon un gran mural conxunto.

Este traballo realizouse na materia de Lingua Galega e Literatura e en colaboración co EDLG, que este ano escolleu a perspectiva de xénero como eixo fundamental das actividades propostas.

Coordinado por María Cando

bottom of page