
Las sin sombrero
PRIMERIRO TRIMESTRE
4º ESO D
Tomando como lema unha frase da obra titulada Antes de la lluvia de Luis Landero: "apenas soy un anfitrión que está aquí para hacer las presentaciones entre vosotros y Cervantes", 15 alumnos e alumnas de 4° Eso D convertéronse en anfitrións dalgunha das mulleres da Xeración do 27, que tiveron a ousadía de desafiar as normas sociais imperantes na España dos anos 20 e que recibiron o nome de Las sin sombrero: Remedios Varo, Maruja Mallo, María Zambrano, Rosa Chacel, Concha Méndez, Margarita Manso, etc.
Coordinado por Sandra Fernández
cuentos de buenas noches para niñas rebeldes
SEGUNDO TRIMESTRE
3º ESO A-B
A colección titulada: Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes, serviunos de inspiración para a exposición oral, da segunda avaliación, en 3º ESO A e B. Este libro reune máis de 100 historias de mulleres extraordinarias, mulleres reais, que cambiaron o mundo gracias a súa determinación e ousadía.
Cada alumno elixiu a historia dunha destas mulleres e presentouna diante dos compañeiros. A escolla non a fixeron ó azar, porque ao final da presentación tiveron que conectar a persoa elixida: con eles mesmos, con outras historias ou coa sociedade na que viven. Foi unha experiencia marabillosa!
Coordinado por Sandra Fernández









.png)





































