O QUE QUEDA ENTRE LIÑAS: as violencias invisibles na literatura galega
PRIMER TRIMESTRE
Alumnado de Oratoria. 3º ESO F e 1º BAC C
O alumnado de Oratoria, 3º ESO F e 1º BAC C realizou un traballo de análise literaria centrado na presenza da violencia de xénero na literatura galega. O profesorado da Biblioteca e Dinamización proporcionoulles fragmentos e textos de autoras como Ana Moreiras, María Solar, Antía Yáñez, Ledicia Costas, Marilar Aleixandre, Marica Campo e Lupe Gómez, entre outras. Realizaron unha lectura profunda para descubrir como, mesmo sen ser nomeada, a violencia machista deixa pegada nos comportamentos, nas relacións e nas estruturas sociais representadas na ficción.
Día DE ROSALÍA
SEGUNDO TRIMESTRE
Proxecto interdisciplinar
Para conmemorar o día da lingua materna e o Día de Rosalía, os departamentos de Francés, Lingua Galefa, Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca realizamos traducións de versos de poemas de Rosalía de Castro ás distintas linguas maternas do alumnado. Os produtos, moitos deles ilustrados, penduráronse nunha árbore de Rosalía cedida polo Centro Ocupacional de Vilalba









.png)














