top of page
6.png
4.png
5.png
1.png
3.png
2.png
8.png
7.png
Verde Bendito (2).png

Economistas que abriron camiños:

porque a historia da economía tamén se escribe en feminino

SEGUNDO TRIMESTRE

1º BAC

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o alumnado de 1º de Bacharelato de Economía participou nunha actividade de investigación para coñecer e dar visibilidade ao papel das mulleres na historia do pensamento económico.

 

Organizados en pequenos grupos, investigaron a vida, o contexto histórico e as principais achegas de mulleres economistas. Entre elas, Joan Robinson, unha das figuras máis destacadas da economía do século XX; Elinor Ostrom, primeira muller en recibir o Premio Nobel de Economía; Beatrice Potter Webb, pioneira no estudo das condicións laborais e das políticas sociais; Rosa Luxemburgo, pensadora e activista cunha relevante contribución á análise económica e social; e Elizabeth Boody Schumpeter, economista e historiadora do pensamento económico, recoñecida polos seus estudos sobre a evolución da análise económica.

Coordinado por Nerea Tourón Castro

bottom of page